O alumnado do IES Eusebio da Guarda fórmase en PLN e Realidade Virtual da man do CITIC
mércores, 7 de decembro do 2022
O
pasado 30 de novembro a sede do
CITIC no Campus de Elviña (Centro de Investigación TIC da UDC)
recibiu a visita de estudantes de bacharelato do IES Eusebio da
Guarda. Por certo que o alumnado que tivo ocasión de coñecer as
investigacións e os recursos humanos e tecnolóxicos do CITIC
iniciará este curso a súa participación no programa STEMbach da
Xunta desenvolvendo un proxecto de investigación en Procesamento da
Linguaxe Natural (PLN).
De
feito, a visita das e dos estudantes, que comezou cunha presentación
do CITIC na que se detallaron diferentes ámbitos de aplicación das
investigacións realizadas no centro, serviulles para preparar a
fondo os alicerces do seu proxecto, xa que a PLN é unha das liñas
de traballo do centro coruñés.
Logo
da recepción e a presentación, o responsábel da unidade de
Sistemas do CITIC, Alejandro Mosteiro, mostrou algúns dos proxectos
expostos no Demostrador Tecnolóxico, centrándose especialmente na
robótica e a Realidade Virtual. O alumnado tivo a oportunidade de
probar varias contornas de Realidade Virtual realizados no centro
aplicados ao ámbito de discapacidade.
A
continuación, as/os participantes acudiron ao CPD (Centro de
Procesado de Datos) e o percorrido finalizou nos novos laboratorios
de Realidade Virtual e Localización e Impresión 3D.