O alumnado do IES Perdouro de Burela coñece a produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación

mércores, 15 de xaneiro do 2025 S. P.

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiu este mércores 15 de xaneiro a un grupo de alumnos e alumnas do IES Perdouro, de Burela, que coñeceu a produtora de contidos do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.
Os preto de 50 estudantes fixeron unha visita polos distintos departamentos na que puideron descubrir o traballo que se desenvolve dende o arquivo, a redacción, a sala de cámaras as mesas de realización ou os escenarios. Rivera Capón deu a benvida aos participantes e destacou que “agardo que desfrutedes desta visita didáctica na que coñeceredes de forma lúdica, práctica e divertida os labores que se realizan en cada un dos espazos da produtora”.