O alumnado do IES Praia Barraña de Boiro coñece os ODS mediante a realidade virtual
venres, 11 de abril do 2025
O Concello de Boiro participa na exposición de realidade virtual Os ODS son glocais que realiza o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para poñer de relevo a conexión entre os Obxectivos de Desenvolvemento SostÃbel (ODS) fixados por Nacións Unidas e a realidade local. O alcalde, José Ramón Romero; o concelleiro de PolÃtica Social, Raúl Treus; e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, participaron na presentación desta exposición realizada co alumnado do Bacharelato de Artes do IES Praia Barraña.
Este iniciativa emprega as novas tecnoloxÃas e vincúlaas ao espazo público para dar a coñecer dun xeito atractivo a Axenda 2030 e contribuÃr ao seu cumprimento. Cada concello seleccionou seis puntos que se ligan aos ODS centrados en temas como educación, igualdade, acceso á auga, consumo responsable ou acción polo clima.
Durante a presentación as moza e mozos tiveron oportunidade de probar os visores de realidade virtual mediante os que, nunha representación 360º, trasládanse a un escenario virtual doutro paÃs afastado na distancia pero ao que nos une a mesma loita polo desenvolvemento sostÃbel. Neste novo escenario presentase un panel con información sobre o ODS concreto, ilustrada con imaxes dos proxectos de cooperación internacional impulsados polo Fondo Galego.