O alumnado do IES de Ponte Carreira fórmase nas navegacións seguras e libres de agresións
luns, 20 de xaneiro do 2025
O alumnado de ESO do IES de Ponte Carreira participou a pasada semana nunha sesión práctica para axudar á rapazada a garantir navegacións libres de agresións. Foi a través do obradoiro Violencia de xénero e novo contexto dixital, centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden na actualidade derivadas do contexto dixital: ciberviolencia, grooming ou sextorsión, entre outras prácticas. Fo unha actividade organizada polo Concello de Frades, en colaboración co IES de Ponte Carreira, a Secretaría Xeral de Igualdade e a FEGAMP.
O concelleiro de Xuventude, Juan Carlos Portos Bra, asistiu á presentación deste taller, “que tivo como obxectivo promover un uso responsábel e seguro das novas tecnoloxías, ofrecendo ás rapazas e rapaces a formación necesaria para que coñezan os riscos de contactar con persoas que non coñecen ou difundir determinadas fotos ou vídeos a través de Internet ou das redes sociais”.