O alumnado participante de Lalín Verde empregará tabletas para fortalecer a súa formación

xoves, 28 de decembro do 2023 S. P.

O programa Lalín Verde, lanzado para fomentar a empregabilidade da cidadanía do concello, afianzou esta semana a súa vertente tecnolóxica, co fin de reforzar os coñecementos e o adestramento das persoas participantes. En concreto, o Concello entregoulles cadansúa tableta co obxectivo de “axudar na mellora da súa formación”. Desde o arranque do obradoiro recibiron formación complementaria de prevención de riscos laborais e está previsto que nos vindeiros días sexan impartidos os módulos de sensibilización ambiental, formación para a igualdade e alfabetización informática.
Respecto da entrega de material tecnolóxica, a idea é que cada persoa poida consultar o material didáctico correspondente aos certificados de profesionalidade que vai recibir cada unha das especialidades deste obradoiro (coidador de persoas maiores e dependentes -atención sociosanitaria- e deseño, creación e mantemento de xardíns –xardinería-), así como calquera outro material que os docentes ou o equipo directivo considere oportuno e de interese para o mesmo. Este instrumento de formación tamén se utilizará para realizar a avaliación continua, cumprimento de follas de traballo dixitais ou consulta de planos directamente na obra.
Por outra parte, o alumnado das dúas especialidades recibiu a formación complementaria de prevención de riscos laborais e está previsto que nos próximos días se impartan os módulos de sensibilización ambiental, formación para a igualdade e alfabetización informática.