O ano que vén Final Fantasy XII terá remake para PS4

luns, 6 de xuño do 2016 Marcus Fernández

A primeiros de 2007 chegou a España o xogo de PlayStation 2 Final Fantasy XII¸ e os seareiros deste título parece que poderán celebrar o seu décimo aniversario ao grande, xa que este clásico do rol xaponés contará cunha versión para PlayStation 4 que chegará ao noso continente en 2017, incorporando novidades entre as que figuran modos de xogo que inicialmente só estaban dispoñibles no Xapón e as posibilidades da PS4 (como trofeos e a posibilidade de compartir capturas coa comunidade).
Final Fantasy XII: The Zodiac Age contará con gráficos actualizados á alta definición, de xeito que dende os contornos e os personaxes até as secuencias cinemáticas renóvanse para asegurar que locen ben nunha PlayStation 4, e incluso a banda sonora orixinal volveu gravarse para poder gozar de son envolvente 7.1 durante o xogo (aínda que os nostálxicos poderán optar por gozar da banda sonora clásica).

Vídeo de adianto de Final Fantasy XII

PUBLICIDADE