O ano que vén teremos un novo xogo protagonizado por James Bond
mércores, 4 de xuño do 2025
IO Interactive revelou oficialmente 007 First Light, un xogo de acción en terceira persoa que reimaxina os inicios de James Bond, nunha historia completamente orixinal creada en colaboración con Amazon MGM Studios. O anuncio tivo lugar no evento State of Play, e confirmou que o tÃtulo chegará a PlayStation 5 en 2026, con melloras especÃficas para a PS5 Pro, incluÃndo tecnoloxÃa PlayStation Spectral Super Resolution (PSSR) e xogabilidade a 60 FPS en modo Calidade.
O estudio dinamarqués, coñecido pola saga Hitman, enfróntase asà ao desafÃo de crear unha orixe para o espÃa máis famoso do mundo. En 007 First Light, veremos a un James Bond de 26 anos, lonxe do refinamento dos martinis e os smókings. A historia comeza co personaxe como tripulante aéreo da Royal Navy, cuxo acto de valentÃa lle abre as portas do programa de adestramento do MI6. A partir de aÃ, desenvolverase como axente entre probas de loita, infiltración e persecucións a alta velocidade.
O tráiler xa permite botar unha ollada aos escenarios que explorará o xogador: desde montañas nevadas ata praias exóticas, pasando por encontros con personaxes emblemáticos como M, Q ou Moneypenny, asà como novas incorporacións como Greenway, o mentor de Bond nesta historia.
A xogabilidade combinará acción, sixilo, condución extrema e uso de trebellos tecnolóxicos, todo impulsado polo motor propio do estudio, Glacier.
007 First Light xa pode engadirse á lista de desexos da PlayStation Store.
Tráiler de presentación do xogo
