O autobús da Xeración D chegou a Ferrol para contribuír a mellorar as competencias dixitais da cidadanía

mércores, 26 de xullo do 2023 S. P.

O autobús da frota Xeración D (Generación D) recalou este días (o 21 e o 22 de xullo) en Ferrol, na praza de Armas, para achegar actividades gratuítas de formación sobre como realizar unha identidade dixital, facer buscas na Rede ou identificar noticias falsas. O vehículo forma parte dunha campaña itinerante pola provincia Coruña que busca mellorar as competencias dixitais da cidadanía e na xornada do 21 foi visitado polo edil de Novas Tecnoloxías, Arán López, e pola concelleira de Política Social e Inclusión, Rosa Martínez.
O interior da unidade móbil está equipado con tecnoloxía inmersiva e nela pódese participar nunha serie de actividades prácticas para fomentar e incentivar o desenvolvemento das competencias dixitais.
“A experiencia”, explican dende o Goberno e reflicten dende o Concello, “é completamente personalizada e axústase ás necesidades de cada usuario, por iso o visitante comezará enfrontándose a un test autodiagnóstico que permitirá coñecer o seu nivel de coñecemento dixital para despois superar xogos e actividades variadas e de todos os niveis: desde aprender a realizar unha procura óptima na internet ata fuxir das fake news, optimizar o uso das redes sociais ou xestionar a túa identidade dixital”.
Ademais, o autobús conta cunha sala de escape na que os usuarios terán que poñer en práctica o aprendido se queren resolver o xogo e lograr saír da sala. Para aqueles que queiran formarse da man de formadores profesionais, nas unidades impartiranse obradoiros grupais e mesas redondas ao redor da actualidade dixital.
Achégase tamén, a xeito de elemento motivador, o engadido extra de acumular puntos: segundo o número de usuarios que interactúen no autobús, a localidade conseguirá posicionarse no posto número un da clasificación xeral de municipios de España. O municipio que máis puntos obteña terá premio.
Durante os meses de xuño e xullo os autobuses de Xeración D farán parada en horario de luns a xoves de 10.00 a 13:30h e de 17.00 a 20:30h, os venres e sábados de 10:00h a 13:00h e de 17.00 a 21:00h en:
– Santiago de Compostela
– Rianxo
– Boiro
– Carballo
– Santa Comba
– Arteixo
– Culleredo
– A Coruña
– Oleiros
– Sada
– Betanzos
– Fene
– Ferrol
– As Pontes de García Rodríguez


PUBLICIDADE