O blog A mis 95 candidato ós Premios Notodo na categoría de Mellor Proxecto da Internet

venres, 14 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Os Premios Notodo elixirán o mellor disco, película, exposición, montaxe teatral, libro, cita cultura e proxecto Internet de 2007 entre as propostas que fixo Notodo.com ó longo do ano, contando para tal cun xurado composto por Alaska, Anrés Barba, Roberto Cerdá, Jordi Costa, Rafael Doctor, Diego Galán, Antonio Gasset, Silvia Grijalba, José Henríquez, Paco Loco, Juan Mayorga, Joan Morey, Jesús Ordovás, Mikel Olaciregui, Javier Rodríguez Marcos, Mario Vaquerizo e Elena Vozmediano, aínda que o público tamén poderá votar en cada unha das categorías ata o 28 de decembro (sorteándose entre os participantes 10 invitacións dobres para a festa na que se darán a coñecer os gañadores o 24 de xaneiro de 2008).
Os finalistas ó Premio Notodo.com ó Mellor Proxecto na Internet son 6 billion Others, o proxecto de Yann Arthus-Bertrand; A mis 95 años, o blog da avoa muxiá María Amelia; Blackle, o Google negro que tanto deu que falar; Comer por la patilla, web sobre gastronomía; Last.fm, o popular servizo musical; Movil Film Fest, o festival de curtas feitas co móbil; Muchachada Nui, a web do programa de televisión que máis proveito tira da Internet para a súa promoción; Myspace España, o servizo social de moda nos EE.UU. que este ano se estrea en España; Primavera Sound, o festival musical que destacou pola súa campaña protagonizada por Epi e Blas e Radiohead, que con In Rainbows revolucionou o xeito de levar a música ós seus seguidores. Agardemos que María Amelia o éxito nos Premios BOB, aínda que nesta ocasión o terá bastante difícil, pois compite con iniciativas con moita forza viral na Rede.

PUBLICIDADE