O bus interactivo de LabEmprende prosegue a súa xira en Ribeira, Noia, Carballo, Porto do Son e Arteixo
mércores, 16 de agosto do 2023
A xira
LabEmprende da Fundación LaCaixa continúa este mes de agosto o seu
periplo pola xeografÃa galega. Logo da visita a Rianxo, os dÃas
3 e 4 agosto, o laboratorio móbil, interactivo e multimedia de La
Caixa fixo unha parada en Ribeira (até este mércores 16 no porto) para logo
desprazarse a Noia (o xoves 17 e o venres 18 na Alameda, a carón do
Concello), a Carballo (o luns 21, o martes 22 e o mércores 24 na
praza do Concello), a Porto do Son (o xoves 25 e o venres 25 de
agosto na avenida de Galicia, á altura do número 24) e máis a
Arteixo (o luns 28 e o martes 29 de agosto, na avenida de Fisterra).
O bus de LabEmprende é un laboratorio de
emprendemento itinerante no que se propoñen obradoiros para
reflexionar e profundar sobre o feito de emprender. Porase o foco en
divulgar contidos entre a rapazada e a mocidade, a través do número
de teléfono 900 101 493 e a conta info@labemprende.com.
LabEmprende é un espazo innovador ao servizo da
educación e a formación da xente nova no eido do emprendemento que
viaxa por todo o territorio galego e estatal, após a experiencia e o
éxito do espazo en CaixaForum Barcelona.
As persoas participantes poderán gozar dun
laboratorio de actividades cun obradoiro interactivo e multimedia
onde aprenderán o concepto de emprendemento e as caracterÃsticas e
valores dunha actitude emprendedora. O laboratorio é un autobús que
se converte nunha unidade móbil totalmente adaptada para facilitar o
acceso e a participación das persoas con mobilidade reducida ao
longo da actividade.
A iniciativa está dirixida a grupos de estudantes
de secundaria, de entre 14 e 18 anos principalmente, aÃnda que poden
participar tamén grupos procedentes de escolas especializadas en
ciclos formativos para maiores de 18 años e de escolas de adultos,
asà como grupos familiares.
O persoal de dinamización adaptará os recursos
do espazo para que o percorrido poida realizarse de xeito autónomo
en caso de visitas libres de familias e xente nova.
A partir dun percorrido por un espazo multimedia e
con diferentes actividades interactivas, este taller itinerante
permite descubrir o proceso de emprendemento e as caracterÃsticas e
valores necesarios para emprender. O percorrido pasa por tres
ámbitos: Mira, Pensa e
Actúa. No primeiro convÃdasenos a aprender a observar, no
segundo a verificar e descubrir se unha oportunidade de negocio é
boa e no terceiro a converter unha idea en negocio en realidade.