O cargador dobre MagSafe sairá á venda en breve por 149 euros

venres, 6 de novembro do 2020 Marcus Fernández

Aínda que a malograda base de carga AirPower fose finalmente desbotada por Apple sen dar cumprida explicacións ao respecto, o concepto dun trebello para a carga de varios dispositivos á vez non se perdeu, e retomouno un accesorio oficial de Apple que fai uso da tecnoloxía MagSafe dos novos iPhone 12 para poder cargar simultaneamente un dos novos teléfonos de Apple xunto cun Apple Watch.
A data de lanzamento oficial do cargador dobre MagSafe aínda é un misterio, pero o lanzamento semella inminente e o prezo deste cargador xa se sabe que será de 149 euros, recomendándose o seu uso cun adaptador de corrente USB-C de 20 watts (o mesmo que se recomenda para calquera iPhone 12). Este produto non é especialmente orixinal, xa que vén a ser simplemente un cargador Qi para 2 dispositivos, coa salvidade de poder encartarse para a o seu transporte e ter un dos seus puntos de carga preparado para dúas posicións diferentes (como reloxo en horizontal coa correa aberta ou co reloxo en vertical coa correa pechada); pero de cara ao consumidor estamos ante unha resposta bastante atinada para a carga habitual de dispositivos cotiáns como son o iPhone e o Apple Watch, que no cargador dobre MagSafe teñen a posibilidade de continuar xuntos tamén durante a recarga das súas baterías.

Co cargador dobre MagSafe podemos cargar simultaneamente un iPhone 12 e un Apple Watch

PUBLICIDADE