O centro atlanTTic organiza este xoves un encontro con catro mulleres enxeñeiras
mércores, 28 de xuño do 2023
Este
xoves 29 de xuño ás 11.00 horas o Centro de Investigación
atlanTTic organiza a xornada Enxeñaría x Mulleres, co apoio
das axudas para a organización de actividades de sensibilización da
Unidade de Igualdade da UVigo. Baixo
o título Diálogos con Enxeñeiras presentarase unha mesa
redonda multidisciplinar e interxeracional onde catro mulleres
compartiran a súa experiencia no ámbito da enxeñaría e da
investigación: Ana María Mejías, Susana Ladra, Ana Larrañaga e
Lucía Amaro.
Desenvolverase
en horario de 11.00 a 13.30 horas, na sala acristalada da Escola de
Enxeñaría de Telecomunicación.
O
programa da xornada é o seguinte:
-11.00 Apertura da xornada:
Martín Llamas Nistal, director do Centro de Investigación atlanTTic
Laura Docío Fernández, subdirectora de Difusión e Captación da Escola
de Enxeñaría de Telecomunicación
-11.05 Presentación da xornada:
Águeda Gómez Suárez, directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo
-11.15 Mesa Redonda Diálogos con Enxeñeiras
Ana María Mejías Sacaluga, enxeñeira industrial, profesora e
subdirectora da E. Enx. Industrial da UVigo
Susana Ladra González, enxeñeira informática, profesora da Facultade de Informática da UDC e investigadora do CITIC.
Ana Larrañaga Janeiro, graduada en Enx. da Enerxía UVigo, mestrada en Matemática Industrial e investigadora predoutoral do Grupo GTE-CINTECX.
Lucía Amaro Losada, graduada en Enx. Tecnoloxías de Telecomunicación e estudante do Master en Enx. de Telecomunicación
Diálogo e Debate
-12.40 Pausa Café
-13.00 Dinámicas de grupo e quiz
-13.30 Peche
Yolanda Blanco Fernández – Subdirectora de atlanTTic/span>