O clásico Abu Simbel Profanation terá secuela retro
xoves, 10 de agosto do 2017
- Imaxe do xogo orixinal para Amstrad CPC
No ano 1985 Dinamic Software comercializou para ZX Spectrum,
Amstrad CPC e MSX o xogo Abu Simbel
Profanation, tÃtulo protagonizado por un humano transformado nunha estraña
criatura pola maldición de Abu Simbel
que tiña que superar numerosos obstáculos no interior da pirámide na que está
soterrado Abu Simbel para conseguir recuperar a súa forma humana. Estes retos
consisten principalmente en dar saltos e avanzar en momentos moi concretos
evitando trampas e inimigos, no que está considerado como un dos xogos máis
difÃciles da súa xeración, e que non vai deixar aos nostálxicos coas ganas de
ter retos semellantes no futuro, xa que Daniel CelemÃn, un dos
responsables de La AbadÃa del Crimen Extensum,
membro do equipo de desenvolvedores retro
4MHz, está a preparar Profanantion 2,
xogo que promete
manter a dificultade extrema do xogo orixinal.
Profanation 2: Escape from Abu Simbel
conta tamén con Javier GarcÃa Navarro
no seu equipo de desenvolvemento e John
McKlain no apartado sonoro, e busca ser un digno herdeiro do xogo orixinal
na súa versión para Amstrad CPC, co que buscará a máxima fidelidade.
O xogo desenvólvese co motor la
hormigonera de 4MHz, ao que GarcÃa Navarro está a facer adaptacións para
conseguir que este novo tÃtulo poida funcionar con só 64 KB de memoria,
abandonando os 128 KB de traballso anteriores do equipo, o que supón un maior
reto a nivel de optimización, pois dende os gráficos até a música, pasando polo
propio código teñen que procurar un aproveitamento máximo dos recursos
dispoñibles nos ordenadores persoais que tan bos momentos deron na segunda
metade dos anos 80.
Para deixar claro que este traballo avanza a bo ritmo, veñen de
publicar primeiro vÃdeo de Profanation 2
en acción: