O clásico Tetris inspira unha longametraxe de Apple TV+
venres, 31 de marzo do 2023
As adaptación de videoxogos en pelÃculas e series
de televisión tenden a ser grandes decepcións, pero este ano puidemos ver como The
Last of Us mudou as cousas, demostrando que os xogos podÃa dar pé a grandes
producións audiovisuais que satisfán tanto a seareiros do xogo como ao público
xeral. Pero nese caso estamos ante a adaptación dun xogo narrativo, polo que a
súa transformacións transmedia resulta bastante natural, en contra do que
acontece con Tetris, videoxogo de quebracabezas que sorprende ao
estrearse hoxe como pelÃcula
en Apple TV+.
Loxicamente a pelÃcula de Tetris non pode ser unha adaptación literal do
xogo, narrando como caen pezas ao ritmo da música, sen do bastante peculiar o
xeito no que quixeron levar o xogo á acción real: contando a historia de Henk
Rogers, o comercial de videoxogos estadounidense que tras descubrir Tetris
quixo levar o tÃtulo soviético ao resto do mundo.
AÃnda que esa historia puidémola coñecer profundamente a través de varios
documentais, desta volta estamos ante unha ficción que simplemente colle a
realidade como alicerce para construÃr unha historia de suspense ao introducir
ao protagonista nunha perigosa rede de mentiras e corrupción ao outro lado do Pano
de Aceiro. Un xeito bastante orixinal de achegarnos ao que para moitos é o xogo
máis importante de todos os tempos, botándolle imaxinación e sorprendendo ao
público.
Tráiler de Tetris