O clásico e violento Carmageddon estrea versión para iOS
mércores, 17 de outubro do 2012
Hai 15 anos o xogo para PC Carmageddon provocou numerosas polémicas por todo o mundo ao ser un
tÃtulo de carreiras de automóbil que, aparte de permitir superar as distintas
fases gañando a competición superando aos rivais en velocidade, tamén permitÃa
a opción de destruÃr aos demais coches ou matar aos peóns, premiándose o volume
e a creatividade das mortes, e hoxe volve a ser actualidade por estrearse na App
Store como aplicación universal que
durante as súas primeiras 24 horas será de balde (tendo logo un prezo de 1,59
euros).
O xogo chega con 11 salvaxes escenarios que poden converterse nunha auténtica
carnicerÃa, 26 perigosos opoñentes, modo carreira con 36 niveis violentos, 30
novos coches dispoñibles para desbloquear, logros, marcadores, integración no
Game Center, varios modos de control (dixital, analóxico ou mediante
inclinación), gravación das xogadas para poder revivilas e gardalas en YouTube
e numerosos detalles que farán gozar a quen gustase do tÃtulo orixinal e
entenda esta profusión de violencia como algo tan esaxerado como divertido.
Este retorno do xogo de Stainless Games foi posible grazas a un proxecto
que xuntou 625.143 dólares en KickStarter e está
previsto que o xogo conte con versión para Android, que deberÃa ver a luz a
finais de ano ou primeiros de 2013.
VÃdeo no que podemos ver o desenvolvemento do novo xogo en iPad e iPhone