Un grupo de profesionais e entusiastas das redes sociais e da gastronomía galega quixeron que o pasado sábado o noso cocido conseguise unha grande proxección na Rede, para o que organizaron o primeiro Día Internacional do Cocido e promoveron o hashtag #CocidoDay, o que puido considerarse todo un éxito, xa que no contorno das catro da tarde do sábado conseguiron que #CocidoDay chegase á primeira posición das tendencias de Twitter en España.

Aparte de Twitter, a xornada tamén tivo un importante impacto en Instagram, facendo que as fotografías protagonizasen a actividade con 411 imaxes baixo o hashtag #CocidoDay, á vez que o 28% das publicacións sobre o #CocidoDay en Twitter viñan acompañadas por unha fotografía.
En vista deste éxito, os organizadores do #CocidoDay, Luís Ulloa, Alberto Ribas, Frenchy Ouviña e Laura Camino, aseguran ter a vista posta nunha nova edición para o ano que vén, buscando que a experiencia poida multiplicarse “tanto en restaurantes e participantes como en zonas xeográficas. Esperamos saltar as fronteiras de España máis aló de Francia e… quen sabe se máis aló do charco”, segundo apunta Alberto Ribas.
O cocido galego conquistou a Rede no primeiro #CocidoDay
Compartir Este Artigo

