O combate de boxeo da pasada fin de semana tivo polémicas consecuencias na Rede
luns, 4 de maio do 2015
O
combate de boxeo da pasada fin de semana converteuse en todo un fenómeno cunhas
repercusións na Rede difÃcil de anticipar. Inicialmente sorprendÃa que as plataformas de
vÃdeo en liña empregasen o combate como reclamo en España, especialmente
porque o boxeo é un deporte moi minoritario, o que non impediu que durante a
madrugada entre o sábado e o domingo se vivise un triste caso de morte por éxito, xa que a plataforma que
lanzou a mellor oferta para seguir o combate legalmente, Total Channel, que polo prezo da velada
(12 euros) incluÃa 1 mes de servizo (coa opción de pagar 3 euros máis para
poder gozar de 3 meses de servizo), o que sumado ao feito de que MARCA.com
promocionaba esta plataforma, provocou que os sistemas en liña desta
plataforma de vÃdeo a través da Internet padecesen unha caÃda total, de xeito
que nin se podÃa acceder ás súas páxinas web nin funcionaban as súas
aplicacións.
Este incidente poderÃa converterse nun caso de crise de comunicación a
estudiar, pois se ben durante os primeiros momentos a resposta a través das
redes sociais de Total Channel, atendendo aos seus clientes individualmente,
era correcta, tras confirmarse que estaban ante un fallo realmente
catastrófico, cesaron toda canle de comunicación durante horas, levando a que
os responsables de Marca se convertesen practicamente nos seus voceiros,
chegando incluso a ampliar a súa transmisión de vÃdeo en directo da velada até
o comezo do combate entre Mayweather e Pacquiao, cando tiñan que ter cesado a
emisión ás 3 da madrugada, pois estaban a servir de rede de seguridade de Total
Channel, aÃnda que non foi dabondo, xa que o servizo non foi capaz de funcionar
en tempo e forma, o que provocou furiosas reaccións de centos de usuarios que
pagaran polo combate por anticipado, e que vÃan que tiñan que pagar polo evento
unha segunda vez a través doutra plataforma (Yomvi) se querÃan poder seguir o
enfrontamento puxilÃstico en vivo.
Dende
Total Channel comprometéronse a devolver as cotas abonadas aos usuarios que o
soliciten, pero o que quedou claro é que a confianza será difÃcil de
recuperar tras un incidente deste tipo, que demostran a falta de previsión por
parte de servizos en liña que non conseguen escalar para soportar picos (algo
inaceptable neste caso, no que sabÃase exactamente o número de usuarios que
procurarÃan acceder durante a madrugada entre o sábado e o domingo, xa que
pagaran anticipadamente polo combate) e que noutras plataformas, incluso nos
EE.UU., tiveron problemas á hora de estrear algunha serie de televisión para
poder atender á elevada demanda de espectadores.
E precisamente falando de EE.UU. temos que o combate entre Mayweather e
Pacquiao tivo incidentes moi diferentes, xa que alà a velada de pagamento por
visión (PPV) non custaba precisamente 12 euros, senón que vendÃase
a 99 dólares en HD e 89 dólares en definición estándar, converténdose no PPV
máis caro da historia, o que levou a que algúns espectadores buscasen medidas
desesperadas, e chegasen a ver o combate a través de Periscope, a popular
aplicacións de streaming a través do
móbil de Twitter que, pese a que tenta frear este tipo de prácticas, non foi
quen de facelo, xa que avanzada a
velada apareceron ducias de emisións ofrecendo o combate grazas a usuarios
que enfocaban o seu smartphone a un televisor ou a un ordenador dende o que se
vÃa o evento televisivo, para compartilo co mundo dun xeito social. Algunhas
emisións limitábanse a ofrecer o combate, mentres que outras o enriquecÃan con
comentarios e planos da xente que se xuntara para ver a loita; toda unha
revolución audiovisual que se ben non prima a calidade, consegue ter un grande
impacto, que poderÃa converterse no equivalente televisivo dos screeners cinematográficos, coa grande
diferenza de que desta volta a posibilidade de transmitir un sinal de vÃdeo a
través da Rede está ao alcance de calquera que teña un smartphone con cámara.
Coa emerxencia do livestreaming a
industria audiovisual deberá chegar a algún tipo de acordo coas compañÃas que
ofrecen este tipo de servizo para pór atrancos a algúns tipos de
retransmisións, o que será todo un reto, pois será bastante difÃcil de
discernir un acto de piraterÃa
audiovisual dunha narración dun evento en directo (que si poderÃa considerarse
dentro do admisible legalmente).
