O concurso literario sobre protección de datos do CPEIG recibiu máis de vinte traballos

luns, 29 de marzo do 2021 Sandra Rivadulla

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Xunta de Galicia pechan a convocatoria do V Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos. En total, participan 21 traballos de nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, así como de todos os cursos da ESO.
O obxectivo deste concurso é concienciar a sociedade galega sobre a necesidade existente de incorporarse á cultura de protección de datos, concretamente os menores de idade.
Desta forma, coñeceranse os gañadores das diferentes categorías no mes de abril. Haberá un premio para a categoría de 5º e 6º de primaria, e dous para a ESO. Estes consistirán nunha tableta e nun kit de robótica para a aula. Doutra banda, o centro que conte cunha maior participación recibirá un recoñecemento especial da organización.

PUBLICIDADE