O congreso #InLugo14 abre as súas portas este venres

xoves, 5 de xuño do 2014 Redacción

Como xa adiantamos dende Código Cero, o Pazo lugués de San Marcos inaugurará mañá ás 16:30 horas o congreso sobre redes sociais #InLugo14, un evento aberto a todo o público e de balde. Máis polo miúdo, ás 16:00 horas abriranse os salóns e entregaranse as acreditacións. O presidente -José Ramón Gómez Besteiro- será o encargado de dar comezo ao congreso ás 16:30 horas e presentará o relatorio inaugural O verdadeiro momento do xornalismo dixital, a cargo de Ramón Lobo (xornalista, blogueiro e correspondente de guerra).
O congreso continuará ás 17:45 horas coa mesa redonda sobre Os virais que nos gobernan, na que participarán Pepo Jiménez (responsábel da plataforma que monitoriza os contidos da rede máis exitosos) e Delia Rodríguez (xornalista do Huffington Post, experta en Internet e autora de Memecracia). Ás 19:00 horas, Efrén Álvarez (lucense que participou en Master Chef) e os blogueiros Luís Rodríguez e Paco Becerro avaliarán A moda gastronómica. A xornada rematará ás 20:00 horas, con Humor 2.0., unha actuación musical a cargo de Víctor Grande.
Dicir que as 200 entradas para seguir o evento no Salón de Actos da Deputación de Lugo xa se atopan esgotadas. Arestora fican dispoñíbeis as derradeiras localidades para asistir ao #InLugo14 dende o Salón de Plenos. Os interesados poden conseguir unha entrada a través da web da Deputación ou ben dende a mesma páxina do congreso en cuestión.
Programación do sábado
· 10:45 horas.- Lugo na rede. Presentación de empresas, iniciativas e proxectos relacionados coa Rede e co ADN lucense, que contará coa participación de Elio Laureano, de Didimox; Hugo Iglesias, de Miramar Cruceros e Nudoss; Rubén Pérez e Kathryn Phillips, Don´t be a foreigner; Santiago Martínez, Ocio en Galicia-Ocio en Lugo e Tamara Raposo, xornalista e Community Manager.
· 12:00 horas.- Obradoiro de alfabetización dixital, a cargo de Juan García.
· 13:00 horas.- Mesa redonda Open Government, coa participación de coñecidos profesionais do sector: Pablo Rivera; Carlos Guadián e Cristina Juesas.
· 16:30 horas.- Lo bueno, si breve... 8 relatorios de 15 minutos.
- O día que a moda chegou a Internet, Paloma Abad, El País.
- De San Fernando a California, Alexandra Guerrero. Editora xefe de Engadget España.
- Imos a empezar a deixar de parecer e empezar a ser, por Clara Ávila, consultora Social Media e blogueira.
- A revolución das Google Glass, por Juan Barambones, CEO de Remotte.
- Blogs e nais. O meu xefe é Ricky Martin, por Lucía Sández.
- Máis importantes que o FBI, por Carlos Fernández, Community Manager de @policia
- Así se ve o mundo dende 100 metros de altura, por Rubén e Nacho, de Air-e Lugo
- Celebrities&Twitter, por Laura Pintos.
· 19:30 horas.- Entrega dos II Premios #InLugo.
· 20:00 horas.- Os 10 mellores momentos de Internet 2014, por Pepo Jiménez.
· 20:30 horas.- Foto de familia. Despedida e peche do acto.

PUBLICIDADE