O conselleiro aborda coa representación das facultades de Educación a futura lei de ensino dixital
mércores, 15 de outubro do 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román RodrÃguez, reuniuse hoxe con representantes das facultades de Educación galegas para continuar avanzando na redacción da futura Lei de educación dixital, unha norma pioneira coa que a Xunta de Galicia pretende regular o uso das novas tecnoloxÃas nas aulas dos centros educativos.
Este encontro forma parte do proceso participativo que a ConsellerÃa está a impulsar con distintos integrantes da comunidade escolar, co propósito de elaborar un texto dialogado e consensuado que dea resposta aos retos da transformación dixital na sociedade e ao seu impacto no ensino. Para iso, estanse a recoller achegas que contribúan a enriquecer o contido da norma desde unha perspectiva global. No caso das facultades, valóranse especialmente cuestións ligadas á innovación pedagóxica, á formación do profesorado e ao uso responsable das ferramentas tecnolóxicas.
O conselleiro agradeceu a implicación dos participantes e salientou que é «esencial que todas as persoas vinculadas ao sistema educativo acheguen as súas ideas para dar forma a esta nova lei», inédita tanto no ámbito estatal como no europeo, e coa que o Goberno galego definirá os dereitos e responsabilidades do profesorado, alumnado, centros educativos e familias neste eido, apostando por un modelo hÃbrido de aprendizaxe que combine os materiais tradicionais coas oportunidades que brindan as tecnoloxÃas.
