O conversor de vídeo facilita a conexión de consolas de videoxogos a monitores de ordenador

venres, 22 de maio do 2009 Marcus Fernández

A vindeira semana o fabricante Castrade porá á venda no Xapón o seu dispositivo CG-USC01HD-PLUS, pensado para converter os sinais en composto, S-Video e por compoñentes a VGA, con resolucións dende 800 x 600 píxeles a 75 Hz ata 1.920 x 1.200 a 60 Hz, o que permite conectar as consolas de videoxogos actuais a un monitor de ordenador, á vez que tamén pode facer de ponte do sinal VGA do PC, de xeito que permite que o equipo informático comparta pantalla coa consola, pese a que esta non teñan unha saída de vídeo dixital. O conversor de vídeo tamén integra sintonizador de televisión, o que serviría principalmente para conectar trebellos que entregase o seu sinal por RF en vez de por unha saída de dedicada (como algunha vella consola ou reprodutor de vídeo).
O trebello mide 14,7 x 9,1 x 2,3 centímetros, pesa 200 gramos e porase á venda por 10.000 iens (75,51 euros), o que non é precisamente barato, aínda que resulta sumamente práctico para aforrar espazo ou, simplemente, poder conectar vellos dispositivos a un monitor sen monopolizar o televisor do salón.

PUBLICIDADE