O departamento de deseño de El Progreso fuchica nun blog de seu
martes, 9 de decembro do 2008Os interesados no
mundo da maquetación de prensa estarán encantados de saber que o departamento
de deseño de El Progreso decidiu nun «modesto
afán exhibicionista» abrir un blog
baixo o tÃtulo de Fuchicadores, co que pretenden dar a coñecer a súa labor
profesional no que teñen que utilizar o seu enxeño ante a falta de recursos,
polo que fan da imaxinación unha ferramenta máis co que entregar un resultado
máis que digno, do que poñen
exemplos como as páxinas dobres de apertura para a fin de semana nas que
carecen de grandes fotografÃas para ilustralas, polo que o deseño se converte
na súa única arma.
Estes traballadores incluso remataron o ano recibindo a medalla
de prata ao mellor redeseño do ano dos premios ÑH5 que se entregaron en
Zaragoza, polo que seguir os seus pasos da súa man é toda unha honra que nos
permite a proximidade dos blogs.