O director do CITIC é nomeado membro do comité asesor da International AIQT Foundation
xoves, 14 de xaneiro do 2021
O
director
do CITIC, Manuel F. González Penedo, vén de ser nomeado membro do
Comité Asesor en Intelixencia Artificial da International AIQT
Foundation, a plataforma de competencia internacional nos campos
da Intelixencia Artificial e a tecnoloxía cuántica, con sede en
Suíza.
Segundo
explican fontes do Centro de Investigación TIC da UDC, a
International AIQT Foundation ofrece unha rede internacional única
para dar forma ás axendas nacionais e internacionais e promover
proxectos, reunindo representantes da ciencia, os negocios, a
política e a sociedade civil para “promover e apoiar a cooperación
interdisciplinaria, o avance da ciencia e os proxectos e o
desenvolvemento de solucións aplicadas e baseadas nas necesidades no
intercambio entre ciencia, negocios, política e sociedade civil”.
O
comité asesor da fundación, do que forma parte o director do CITIC,
está composto por expertos de todo o mundo que asesoran e apoian á
organización como organismo especializado nos eidos da Intelixencia
Artificial e a tecnoloxía cuántica.