O disco duro externo WD Passport chega ós 320 Gb de capacidade

mércores, 5 de decembro do 2007 Marcus Fernández

A popularización de ordenadores portátiles vai paralela á dos discos duros externos por USB, que chegan a capacidades moi elevadas para o que precisan alimentación externa e teñen un peso excesivo para o seu cómodo transporte, polo que se están a popularizar os discos duros externos que empregan o mesmo formato que os discos duros de portátiles (de 2,5 polgadas) e se poden alimentar directamente por USB, aínda que para gozar destas comodidades hai que prescindir de capacidades inmensas, o que vai en camiño de solucionarse, pois o último WD Passport incrementou a súa capacidade de almacenamento ata os 320 Gb, o que cubre as necesidades da meirande parte de usuarios.
O disco externo de Western Digital non só é lixeiro e pequeno, senón que tamén inclúe software para facer copias de seguridade dos datos máis importantes gardados no noso equipo (coma correos electrónicos ou fotografías) de xeito automático e incluso protexendo tal información mediante encriptación de 128 bits.
O WD Passport mide 13 x 8 x 1,5 centímetros, pesa 105 gramos e se pode conseguir por 199 euros.

PUBLICIDADE