O ditado do iPhone confunde as palabras racista e Trump
mércores, 26 de febreiro do 2025
O sistema de ditado do iPhone creou moito rebumbio nos últimos dÃas por mor de vÃdeos que circulan en plataformas como TikTok nos que podemos ver como ao pronunciar a palabra racista en inglés, de xeito temporal aparece como transcrición a palabra Trump, para corrixirse automaticamente rapidamente.
Unha voceira de Apple comentou a The New York Times que estabamos a ver unha incidencia provocada polo solapamento fonético entre ambas palabras, estando a compañÃa a traballar na súa corrección.
Aseguran que esta curiosidade acontece tras unha actualización dos servidores de Apple, e existen serias sospeitas de que a versión oficial de Apple é unha falsidade, xa que non existe ningunha coincidencia fonética entre as palabras racist e Trump que xustifiquen a confusión para un sistema de recoñecemento de voz, senón que todo parece unha broma realizada por un dos desenvolvedores da compañÃa da mazá que se terÃa coado na versión de produción da ferramenta de recoñecemento de voz.
Semella que o fallo xa foi corrixido, e a explicación dada por Apple busca simplemente evitar unha resposta negativa por parte do presidente Trump agochando como una casualidade ou un accidente o que semella unha broma inconsciente.