O edificio Redeiras acolle até setembro unha mostra sobre arqueoloxÃa dixital galega
luns, 24 de xullo do 2023
Que
fai Microsoft contratando arqueólogos? Esta é a cuestión dirixida
ás persoas visitantes que serve de arranque á
exposición ArqueoloxÃa dixital galega, a nova mostra que
pode visitarse no edificio Redeiras. Comisariada por Óscar
PenÃn, investigador do GEAAT, o Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa,
Antigüidade e Territorio da Facultade de Historia. A mostra
adéntrase no traballo da arqueoloxÃa contemporánea e nas súas
cada vez máis fondas conexións cos mundos virtuais.
A
través de textos áxiles e didácticos, ofrece unha visión sobre
arqueoloxÃa da web, a arqueoloxÃa dos videoxogos e os seus formatos
fÃsicos, asà como do arqueogaming (o estudo dos videoxogos e
a súa interacción coa arqueoloxÃa) e os seus impactos sociais,
trazando un retrato que parte dunha perspectiva global e acaba pondo
o foco sobre o estado da cuestión en Galicia.
A
exposición pode visitarse ata o próximo 17 de setembro no terceiro
andar do edificio Redeiras, no Berbés. En xullo e agosto o horario é
de 09.00 a 14.00 horas – agás do 7 ao 22 de agosto, ambos
incluÃdos, perÃodo no que o edificio estará pechado-, e, xa en
setembro, o horario amplÃase ata as 21.00 horas.