O eido da viticultura poderá beneficiarse das vantaxes dunha plataforma que mellora a xestión do viñedo
xoves, 17 de decembro do 2015
Seresco,
compañÃa especializada en solucións tecnolóxicas e servizos TIC,
vén de
lanzar unha plataforma tecnolóxica pioneira de viticultura de
precisión para unha mellor xestión do viñedo e o aseguramento da
calidade da uva. Trátase da plataforma tecnolóxica Cultiva
Decisiones, un desenvolvemento que segundo afirma a compañÃa
con sedes Asturias e Vigo, achega de xeito visual e en tempo real
predicións, conclusións e recomendacións do viñedo para acadar
dende a orixe unha meirande calidade no proceso de produción. A
compañÃa levou a cabo con éxito unha primeira proba xunto coa
adega galega Terras Gauda,
que lle permitiu dotarse de máis capacidade e efectividade nas
predicións e na redución dos seus custos.
Cómpre
sinalar que até o de agora, a tecnoloxÃa neste sector centrouse en
optimizar o proceso na adega. Co lanzamento desta plataforma,
introdúcese unha tecnoloxÃa que permite actuar xa no coidado da
uva. Grazas a ela, os usuarios acceden a todos os datos sobre
condicións climatolóxicas e do terreo en tempo real e mesmo poden
recibir recomendacións mediante un sistema de intelixencia
artificial, co fin de facer máis doada a toma de decisións perante
aspectos claves como a fertilización, o rego, o control de pragas, o
intre máis axeitado para a recollida da uva... Amais, o dispositivo
permite aos viticultores facer fronte ao principal risco que hai
actualmente para o modelo produtivo do sector: o cambio climático.
Seresco
inicia de maneira oficial o proceso de comercialización da
plataforma no mercado. Os principais destinatarios e usuarios desta
nova plataforma serán os asesores expertos –fundamentalmente
enólogos de campo–, as propias firmas bodegueiras, centros
tecnolóxicos e investigadores, asà como colaboradores tecnolóxicos
–desenvolvedores de aplicacións, enxeñeiros, fabricantes de
sensores, etc–.
A
plataforma actúa como un verdadeiro hub de información, xa que
achega un auténtico cadro de mando, sinxelo de empregar e
interoperábel na nube, capaz de combinar múltiples fontes de datos,
tanto públicas como privadas (de balde ou de pagamento), necesarias
para unha mellor toma de decisións de cara a asegurar a calidade da
uva dende a orixe. En concreto, interrelaciona información espacial
obtida de sensores, teledetección e os sistemas de información
europeos, como Copernicus (Programa de Vixilancia Medioambiental da
Axencia Espacial Europea) ou Inspire (Infraestrutura de Información
Espacial en Europa para Apoiar as PolÃticas Comunitarias de Medio
Ambiente).
Por
último, subliñar que unha das súas principais caracterÃsticas é
o seu modelo colaborativo. A plataforma permite engadir novas
aplicacións e servizos de terceiros a través dunha tenda en liña
cuxa operatividade se realiza totalmente integrada na plataforma.