O eido dixital conquista o seu espazo nos Premios da CrÃtica de Galicia
luns, 21 de outubro do 2024
- O podcast Café Derby 21 fÃxose co primeiro dos Premios da CrÃtica de Galicia na categorÃa de Cultura Dixital
O pasado sábado celebrouse na sede de Afundación de Vigo o acto de entrega dos XLVII Premios da CrÃtica de Galicia, que na presente edición destacaban pola estrea da categorÃa de Cultura Dixital, da que resultaron finalistas a campaña da Oliveira dos Cen Anos do Celta de Vigo, o Museo do Videoxogo de Galicia e podcast Café Derby 21, resultando gañadora esta última proposta, en recoñecemento por ter acadado no seu tempo de existencia un espazo de relevancia e dinamización da cultura galega no mundo do podcast, pola diversidade de perfÃs vencellados ás expresións culturais do momento, cun estilo fresco e mesmo estendendo o podcast a formatos presenciais.
- O programa de radio Efervesciencia fÃxose co galardón na categorÃa de Iniciativas Culturais e CientÃficas
Outra categorÃa dos premios que podemos salientar é a correspondente a Iniciativas Culturais e CientÃficas, que como finalistas tiña á Asociación Cultural Alexandre Bóveda e o seu proxecto A Coruña literaria, á catedrática e investigadora en intelixencia artificial Amparo Alonso Betanzos e o programa radiofónico Efervesciencia de Manuel Vicente, resultando esta última proposta gañadora especialmente polo traballo de divulgación da ciencia en galega e con perspectiva galega, destacando o xurado que é «o tipo de programas que debera promover e emitir a Corporación de Radio Televisión de Galicia».
- O proxecto Nomes e Voces destacou na categorÃa de Ciencias Sociais e Humanidades
Tamén foi salientable, na categorÃa de Ciencias Sociais e Humanidades, o recoñecemento do proxecto Nomes e Voces do Grupo de Historia Agraria e PolÃtica do Mundo Rural (USC) coordinado polo catedrático Lourenzo Fernández Prieto, un estudo da represión en Galicia durante Guerra Civil e o franquismo, que goza de grande participación e conseguiu unha grande transferencia á sociedade grazas a ofrecerse cun acceso libre e de balde.
- Gañadores dos XLVII Premios da CrÃtica de Galicia