O equipo Data Diggers representará a USC na fase final do concurso informático Datathon
luns, 11 de novembro do 2024
- O alumnado integrante do equipo Data Diggers nunha imaxe de Santi Alvite
Os novos talentos das novas tecnoloxÃas Xiana Carrera Alonso, Pablo DÃaz Viñambres e Pablo Landrove Pérez-Gorgoroso, integrantes do equipo Data Diggers e estudantes do dobre grao en EnxeñarÃa Informática e Matemáticas, participarán no Datathon UniversityHack 2024, un evento dirixido especificamente ao alumnado dos mellores centros de España en ciencia de datos. Concorrerán representando á USC, en cuxa fase local proclamouse como equipo gañador.
O equipo Data Diggers impúxose aos restantes 23 participantes da institución compostelá (2 mulleres e 21 homes), que participa no certame xunto a outras universidades españolas.
En total, nesta edición na USC participou alumnado de cinco titulacións: dobre grao en EnxeñarÃa Informática e Matemáticas (8 persoas), grao en EnxeñarÃa Informática (11 persoas), grao en Intelixencia Artificial (2 persoas), grao en Matemáticas (3 persoas) e mestrado en Intelixencia Artificial (2 persoas).
O estudantado vencedor pasa agora á fase estatal do certame. Ata o 21 de novembro, o equipo seleccionado poderá mellorar o seu traballo sobre o mesmo conxunto de datos e co mesmo obxectivo. Unha vez rematada a segunda fase, terá lugar a selección de mellores traballos. O xoves 5 de decembro a organización comunicará os catro traballos seleccionados, que pasarán a defender os seus proxectos nun evento do DOMO da Universidade Politécnica de Madrid, tras o cal se anunciará a decisión do xurado e terá lugar a entrega de premios.