O escenario virtual da Cidade das TIC comezará a súa actividade en 2025

luns, 4 de novembro do 2024 S. P.

O orzamento da Deputación da Coruña para 2025 ascenderá a 240.500.200 euros e será, en palabras do presidente provincial (Valentín González Formoso) o maior o da historia da institución provincial, cun incremento do 8,26% con respecto ao presente exercicio. Así o adiantou hoxe o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, quen tamén fixo saber que o CEI (Coruña Estudio Inmersivo) arrincará a súa actividade este 2025. Trátase, sinalou, do maior estudio audiovisual virtual de España, “dotado cunha tecnoloxía pioneira a nivel mundial”.
Trátase, explicou o presidente, “dunha infraestrutura que a Deputación da Coruña está construíndo actualmente na Cidade das TIC da Coruña cun investimento de 9,5 millóns de euros co-financiado con fondos Next Generation EU do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España e co que "pretendemos posicionar á provincia da Coruña como Hub Audiovisual de referencia Europa", apuntou Formoso, que incidiu na puxanza do sector audiovisual galego, que xera 4.500 empregos e supón xa o 28% da industria cultural da nosa comunidade, ademais de supor unha importante proxección exterior de Galicia.