O festival Cinema a Pedal de Nigrán lanza un concurso de microcurtas
xoves, 30 de maio do 2024
Por terceiro ano consecutivo, realizarase en España un festival de cinema temático de bicicletas para promover o seu uso e alentar a que estas se convertan nun medio de transporte habitual. O festival Cinema a Pedal conta co apoio do Concello de Nigrán. Están convidados amantes do cinema, estudantes e toda aquela persoa que se atreva a poñerse unha cámara ao ombreiro ou saÃr a capturar imaxes co móbil, a filmar unha microcurta.
O filme non deberá exceder os 5 minutos de duración e poderá ser do xénero que se desexe (documental, ficción, arte, etc.). Quen queira participar deberá enviar esta ficha completa co seus datos antes do 30 de xuño xunto co traballo que desexe inscribir. A historia ou a trama pode transcorrer en calquera espazo, pero polo menos unha secuencia da microcurta debe estar filmada no carril bici do concello de Nigrán, sede do festival.
A convocatoria permanecerá aberta entre o 29 de maio e o 30 de xuño, e os traballos serán valorados por un xurado profesional composto por Alejandra Trelles, Ana Gontad e José Luis Losa.
De acordo a temática do festival, a pelÃcula gañadora recibirá unha tarxeta regalo de Decathlon Vigo por valor de 150 €.
A información completa xunto ás bases está dispoñible na páxina web do festival.