O festival internacional de teatro de Carballo, o FIOT, estrea páxina web
xoves, 12 de setembro do 2019
Este
mércores presentouse a nova edición do Festival Internacional
Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, un acto cos medios que tamén
serviu para dar a coñecer a nova web do certame, www.fiot.gal,
que se estreou esta semana oficialmente. Na cita fíxose saber (entre
outras moitas cousas) que o evento celebrarase entre os días 27 de
setembro e 1 de novembro e que este ano porase o foco no teatro
social no feminismo, facendo fincapé (tamén) nas periferias e na
diversidade. Haberá 38 espectáculos, dos cales 9 son estreas
absolutas e 8 estreas no país, e “unha proposta ampla e diversa de
actividades para todos os públicos”.
Respecto
da web, xa está operativa achegando toda a información sobre a
axenda, os descontos, os prezos e as datas de cada un dos
espectáculos. A páxina, moi visual e artellada de xeito que a imaxe
prevaleza sobre a información (a imaxe en movemento, de feito, axuda
a artellar a información), estrutúrase nas seguintes seccións
principais: O Festival, Programación, Actividades, Calendario,
Entradas, Novas, Prensa e Contacto. Amais, serve de canle ás
presenzas activas do festival FIOT nas redes sociais: no Twitter,
no Facebook, en
YouTube e no
Instagram,
amais de no Spotify,
onde tamén se promove o certame teatral cunha máis que recomendábel
playlist para os
seareiros e as seareiras do teatro e as artes escénicas.
- Nova páxina web do FIOT