O fundador de FTX pode ser condenado a até 110 anos de cadea
venres, 3 de novembro do 2023
- Pese a ser destacado mediaticamente, Sam Bankman-Fried vén de ser declarado culpable de delitos que suman un máximo de 110 anos de cadea
Unha
das principais plataformas de intercambio de criptomoedas a nivel mundial, FTX,
declarouse en bancarrota hai preto dun ano, e aÃnda que inicialmente parecÃa
que a compañÃa podÃa ser rescatada, apareceron evidencias de fraude que levaron
a que máis de 8 mil millóns de dólares dos clientes de FTX se desen por
perdidos.
AÃnda que non estaba moi claro se a caÃda de FTX era consecuencia dunha mala
xestión (entre outras cousas, aseguraban que un hackeo fixera
desaparecer 600 millóns de dólares dos seus fondos) ou dunha fraude, a
causa chegou rapidamente aos tribunais, co máximo responsable da empresa,
Sam Bankman-Fried, como principal acusado, de xeito que quen estaba considerado
como un posible novo Warren Buffett, e elevado polos medios por ter superado
os mil millóns de dólares aos 30 anos de idade, remata
enfrontándose a unha posible condena de até 110 anos de cadea.
O xuÃzo contra Bankman-Fried tivo lugar durante o mes de outubro, desvelándose a
través de distintos testemuños que fixera un manexo irregular dos fondos de FTX
de xeito plenamente consciente, pese a asegurar reiteradamente que non tiña
malas intencións co seu proceder e que simplemente asumiu grandes riscos, desculpa
que non convenceu ao xurado, que tras máis de 4 horas de deliberación declarou
culpable ao emprendedor de 31 anos de todos os cargos que se lle imputaban.
A sentencia non será fixada até o ano que vén, pero está previsto que Sam
Bankman-Fried teña que pasar varias década en prisión por «perpetrar unha das
maiores fraudes financeiras na historia dos EE.UU.» en palabras do fiscal
Damian Williams, quen asegura que aÃnda que a industria das criptomoedas sexa
nova, estamos ante a mesma corrupción de sempre, con mentiras, enganos e
roubos.