O futuro de BlackBerry puido verse en Barcelona
martes, 5 de xuño do 2012
- A xira BlackBerry Jam achegouse a Barcelona o pasado 31 de maio
Ayco Internet, empresa tecnolóxica galega especializada no desenvolvemento
de solucións de mobilidade, particularmente BlackBerry, foi convidada á BlackBerry Jam de
Barcelona para ser unha das primeiras en achegarse ao seu novo sistema
operativo BB 10, achegándonos agora (como fixeron hai pouco coa BlackBerry World) a súa visión sobre o evento celebrado o 31
de maio en Barcelona que e xuntou a empresas e desenvolvedores de toda España
que puideron coñecer de primeira man este novo sistema e presentar as súas
aplicacións.
O BB 10, que promete estar á vangarda dos actuais sistemas para móbiles,
parte do sistema operativo usado no BlackBerry Playbook e está apoiado na base
de QNX, un sistema con máis de 30 anos de percorrido e usado en sistemas
crÃticos como a automoción, saúde, etc.
Realmente, é de destacar que o camiño de RIM sexa o inverso ao dos seus
rivais, que parten dun sistema operativo deseñado para móbiles e o van
modificando para que poida ser usado en tablets.
Ademais, a compañÃa xira totalmente ao open
source e estase convertendo nun grande contribuidor para proxectos tan
destacados como Qt, tal e como se pode apreciar no repositorio en Github, no que conta con 57
proxectos.
- BB 10 permitirá o desenvolvemento a través de numerosas contornas
Por outro lado, RIM ponse á vangarda en canto a número de contornas de
desenvolvemento dispoñibles para BlackBerry 10:
• C, C++
• C++/Qt Cascades
• HTML 5 Webworks
• Adobe Air
• Java Android Runtime
No caso de Cascades, pon a disposición do usuario unha grande cantidade de
controles que facilitan ao desenvolvedor a creación de aplicacións altamente
integradas no sistema.
En canto ás caracterÃsticas do BB10, podemos destacar a interface e os
efectos cinemáticos que melloran os xa implementados no Playbook e que fan que
a experiencia de usuario sexa realmente intuitiva e agradable. Ademais, podemos
afirmar que o sistema operativo fai realidade a multitarefa e conta cos mellores resultados a dÃa de hoxe no test HTML5.
Na BlackBerry Jam tamén se apreciou o alto compromiso de RIM cos desenvolvedores,
xa que facilitaron repositorios de código, recollendo o feedback e poñendo á súa disposición dispositivos de proba como o
Blackberry 10 Alpha Dev, co que Ayco xa está a traballar e no que xa incorporou
o seu xogo Soccer Touch.
Por outro lado, debemos mencionar que os dispositivos móbiles con
Blackberry 5/6/7 non poderán actualizarse a 10 e tamén hai que recordar que a
dÃa de hoxe non existe posibilidade de crear servizos en background. Haberá que agardar a que RIM libere estas API.