O galego Óscar Carballo gaña unha medalla de bronce na OlimpÃada Informática Española
luns, 27 de marzo do 2023
Un dos gañadores
da OlimpÃada Informática Galega 2023, Óscar Carballo Puebla, estudante de
formación profesional do CPR Plurilingüe Liceo La Paz da Coruña e natural de
Castro de Rei (Lugo), conseguiu unha
medalla de bronce na OlimpÃada Informática Española (OIE) que se celebrou
esta fin de semana en Madrid, situándose no posto número 11 con 446 puntos
(outorgáronse catro medallas de ouro, outras catro de prata e outras tantas de
bronce).
O segundo
participante galego na fase nacional, Pedro Rey Anca, de Ferrol e estudante de
1º de Bacharelato do IES Saturnino Montojo da cidade ferrolá, recibiu un
diploma de mención como participante do certame.
A OlimpÃada
Informática Galega 2023 celebrouse o pasado 10 de febreiro na Facultade de
Informática da Coruña (Universidade da Coruña, UDC), evento organizado polo
Colexio de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG), as tres universidades
públicas galegas e o Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e a
Comunicación (CITIC), coa colaboración de diversas entidades e empresas do
sector TIC: AWS (Amazon-Apser), Concello de Coruña, Dinahosting, DXC
Technology, GDI, Mindata, Minsait, NTT Data, Sixtema e Veritas.