O iPad Air actualÃzase con procesador M3
martes, 4 de marzo do 2025
O ano pasado, mentres o iPad Pro estreaba o procesador M4, o iPad Air conformábase con incorporar o procesador M2, marcando asà distancias coa gama máis alta de tabletas de Apple, e a compañÃa de Cupertino non parece querer mudar as tornas, e agora presentan unha revisión do iPad Air con procesador M3. Como principal reclamo Apple asegura que é compatible con Apple Intelligence (aÃnda que xa o era o modelo anterior), tecnoloxÃa que está previsto que chegue a España no mes de abril.
O novo iPad Air chegará ás tendas o vindeiro dÃa 12, cun prezo que parte dos 699 euros para o modelo con pantalla de 11 polgadas e dos 949 euros para o modelo de 13 polgadas, falando en ambos casos das versións con 128 GB de almacenamento e conectividade Wi-Fi, pois é posible ampliar a súa capacidade até 1 TB e adquirir a versión con conectividade móbil 5G, de xeito podemos chegar a pagar 1.749 euros polo modelo máis completo sen Apple Pencil (que custa entre 89 e 149 euros en función do modelo) ou o Magic Keyboard (que custa 349 euros), de xeito que con accesorios terÃamos un prezo total de 2.247 euros.
A nova tableta conta con pantalla Liquid Retina (264 puntos por polgada) con pelÃcula antirreflexos, cámara traseira grande angular de 12 MpÃxeles capaz de gravar vÃdeo 4K, cámara frontal de 12 MpÃxeles con Encadre Centrado en horizontal (para facer doadas as videoconferencias), altofalantes estéreo en horizontal, dobre micrófono, Wi-Fi 6E, Bluetooth 5.3, lector de impresións dixitais, USB-C con saÃda DisplayPort e conectividade USB 3 e baterÃa capaz de achegar unha autonomÃa de até 10 horas de navegación web por Wi-Fi (ou de reprodución de vÃdeo).
Novo iPad básico
As renovación de hoxe tamén afectou ao iPad básico, que chegará ás tendas tamén o 12 de marzo, aÃnda que cun prezo moito máis axustado (parte de 399 euros). O novo modelo dá o salto dun procesador A14 Bionic a un A16 (quedando fóra de Apple Intelligence), pasando tamén de versións con 64 e 256 GB de almacenamento a contar con versión de 128, 256 e 512 GB, polo que podemos entender que dobrou a súa capacidade. A pantalla tamén pasa de 10,9 a 11 polgadas.