O iPad básico medra até as 10,2 polgadas
martes, 10 de setembro do 2019
A
grande sorpresa da presentación de Apple de hoxe foi a introdución dun novo iPad de 7ª xeración,
produto que non se esperaba que vese a luz até outubro, e que finalmente temos
aquà cunha nova pantalla Retina de 10,2 polgadas, soporte para Apple Pencil,
procesador A10 Fusion e un prezo que parte dos 379 euros. O modelo con Wi-Fi e
32 GB de capacidade será o que custe 379 euros, mentres que o modelo con 128 GB
venderase a 479 euros, incrementándose o prezo en 140 euros nos modelos con
conectividade móbil.
Temos asà que o principal cambio deste novo iPad é o incremento do seu tamaño
de pantalla até as 10,2 polgadas e o soporte para Smart Keyboard, ou sexa, que
temos un equipo máis orientado á produtividade e á multi-tarefa, ao que tamén
contribúe o novo iPadOS. Un detalle que tamén axuda é o soporte de unidades USB
externas a través da aplicación de xestión de ficheiros.
Os novos iPad teñen un peso de 483 gramos e unha autonomÃa dunhas 10 horas,
polo que estamos ante produtos moi atractivos, que neste modelo en concreto
destaca pola contención do seu prezo sen prescindir de moitas das posibilidades
que até hai pouco reservábanse para os iPad Pro.
- O novo iPad de 10,2 polgadas ten soporte para Apple Pencil