O iPhone 3G chegará a España o 11 de xullo
luns, 9 de xuño do 2008
Esta tarde Steve
Jobs abriu a WWDC cunha presentación que prometÃa ser o acontecemento do ano,
pois os asistentes esperaban coñecer os detalles do novo firmware do iPhone, asà como unha
versión renovada do móbil de Apple incluÃndo conectividade 3G, para poder
comercializarse en case todo o mundo.
A agardada presentación comezou con detalles sobre o SDK para facer aplicacións
para o iPhone, que demostrou ser moi completo e doado de empregar, e que abriu
a porta a unha chega de aplicacións que a partir de agora se poderán descargar
(pagando ou de balde, segundo o caso) dende a App Store, que
serÃa unha especie de iTunes de programas e xogos, dos que se deron a coñecer
os máis representativos:
- A App Store permitirá a compra e descarga de xogos e aplicacións
Super Monkey Ball: adiantado xogo de SEGA que funciona co acelerómetro
eBay: para seguir as poxas de eBay dende o móbil
Loopt: un servizo para localizar a amigos
Typepad: ferramenta para facer de xeito doado fotologs
AP News: aplicación para ver as novas da axencia AP (incluÃndo vÃdeo)
Cro Mag Rally: un xogo de carreiras desenvolvido por Pangaea
Band: aplicación musical que xa estaba dispoñible na actualidade de xeito non
oficial
MLB.tv: ferramenta para seguir os resultados e as novas da liga de baseball (incluÃndo audio e vÃdeo)
2 aplicacións médicas
Kroll: xogo de loita de Digital Legends Entertainment ao máis puro estilo do God of War que chegará en setembro e que
só leva 2 semanas desenvolvéndose
Adiantadas estas aplicacións (que agás os xogos, serán de balde) chegou o momento
da produtividade, e adiantaron detalles da tecnoloxÃa push para o iPhone, o que inclúe tamén un sistema de mensaxerÃa
instantánea que emprega esta solución para un menor consumo de recursos e
baterÃa. Esta funcionalidade está pensada especialmente para compatibilizar o
iPhone con Exchange ActiveSync, solución de sincronización moi habitual en
contornos corporativos, ou sexa, que finalmente adaptaron o dispositivo para
o uso empresarial, para asà poder competir coa plataforma Blackberry
de RIM.
Os usuarios tamén agradecerán que os ficheiros de Word, Excel e PowerPoint se
poderán ler no iPhone (como antes tamén pasaba cos PDF), e todas estas melloras
estarán presentes nos actuais móbiles de Apple a través dunha actualización do
seu firmware que no caso do iPod Touch será de pago (9,95 dólares).
MobileMe
Apple leva tempo dando o servizo .Mac para os que queren ter a súa información (correo,
contactos,calendario...) na Internet e agora se renova para o iPhone pasando a
darse a coñecer coma MobileMe, de xeito que os usuarios actuais diranlle
adeus ao dominio mac.com e pasarán a
usar me.com.
MobileMe permitirá
agora levar os usuarios correo, calendario e contactos con tecnoloxÃa push, galerÃa fotográfica e ata 20 Gb de
almacenamento xestionado a través un atractivo iDisk. Supón asà un avance na
sincronización entre o iPhone e os ordenadores que empregue o usuario (tanto
Mac coma PC), e permitirÃa a calquera usuario que contrate este servizo acceder
a prestacións que normalmente están reservadas a usuarios de solucións coma
Exchange.
iPhone 3G
Tras uns 90 minutos de presentacións totalmente predicibles, Steve Jobs
comezou a falar do que todos os asistentes estaban a agardar: o novo iPhone.
Confirmou que o novo móbil terÃa conectividade 3G, se venderÃa en máis paÃses
(entre os que agora si está España), serÃa máis económico e contarÃa con
aplicacións de empresas alleas a Apple.
Para que o novo móbil se distinga do actual, o iPhone cambia a súa carcasa
traseira metálica por unha carcasa de plástico que se poderá adquirir en branco
ou negro, mentres que os botóns pasan a ser metálicos.
Tamén melloraron a autonomÃa da baterÃa do iPhone, que agora aguanta 300 horas
en espera e 10 horas en conversa 2G (5 en conversa 3G), permanecendo igual a
súa autonomÃa para usos de vÃdeo, música ou navegación web.
A outra grande novidade do iPhone 3G é que agora leva receptor GPS integrado,
polo que a xeolocalización é máis precisa que no modelo actual (que a fai
mediante triangulación de antenas Wi-Fi e de telefonÃa móbil).
Pero o anuncio máis importante de cara ao éxito global do iPhone foi o prezo
que deu a coñecer Jobs, pois o móbil pasarÃa a venderse a 199 e 299 dólares nas
súas versión con capacidade de almacenamento interno de 8 e 16 Gb respectivamente,
o que supón una seria rebaixa dende os 399 dólares que actualmente custa o
modelo de 8 Gb.
O iPhone 3G terá unhas dimensións de 115,5 x 62,1 x 12,3 mm e 133 gramos de
peso, polo que os cambios con respecto da versión anterior son inapreciables.
Quedan asà desbotados os rumores que apuntaban por un terminal moito máis fino
e con máis capacidade de almacenamento, e mesmo a cámara integrada continúa a
ser de 2 MpÃxeles (e non pasa a ser de 5 MpÃxeles). Deste xeito, a información
exclusiva que esta mañá adiantou o ABC resultaron estar moi pouco
atinadas.
A chegada do iPhone ás tendas españolas será o vindeiro 11 de xullo, e é de
agardar que en breve se celebre unha presentación local na que se detallen os
prezos do terminal e os contratos cos que se poderá adquirir.
Spot do novo iPhone