O iPhone dispara os beneficios de Apple

mércores, 21 de abril do 2010

Apple presentou os seus resultados económicos trimestrais superando as previsións grazas ás boas vendas do iPhone (con 8,75 millóns de terminais comercializados), levando á súa cotización bolsista a medrar un 6% ata chegar a un máximo histórico.
O beneficio neto da compañía foi de 3.070 millóns de dólares (case dobrando os 1.620 millóns de dólares do mesmo período do ano exercicio anterior), mentres que os seus ingresos foron de 13.500 millóns de dólares.

PUBLICIDADE