O iPhone é a plataforma portátil de xogos preferida polos desenvolvedores

luns, 8 de febreiro do 2010

Un estudo realizado por Game Developer Research no que consultaron a 800 desenvolvedores de videoxogos reflicte que a plataforma portátil preferida por eles é o iPhone, con case un 75% dos enquisados que fan xogos para consolas portátiles creando xogos para os terminais de Apple, collendo moita dianteira á Nintendo DS e á PSP. Tamén rexistrouse unha importante caída do interese pola Wii, que pasou dun 42% a un 30% dos programadores traballando para tal plataforma.

PUBLICIDADE