O iPhone e o iPod Touch aumentan a súa capacidade de almacenamento
mércores, 6 de febreiro do 2008
Apple
renova o iPhone e iPod Touch dobrando a súa capacidade máxima, de xeito que
o teléfono da compañía xa conta
cunha versión de 16 Gb que se vende nos EE.UU. a 499 dólares (conservando o seu
prezo de 299 dólares o modelo de 8 Gb) mentres que o iPod Touch chega ós 32 Gb de
capacidade, vendéndose este novo modelo a 449 euros, mentres que as versións de
16 e 8 Gb custan 359 e 269 euros respectivamente.
Con esta actualización da súa oferta a empresa de Cupertino pretende satisfacer
a demanda do seu público, que cada día esixe maior capacidade de almacenamento
para a súa música, as súas fotografías e os seus vídeos.
A ampliación de capacidade do iPhone tamén chega ós terminais que se venden en
Europa, de xeito que os modelos de 16 e 8 Gb se venden no Reino Unido a 329 e 269 libras esterlinas e
en Francia e Alemaña a 499 e 399 euros respectivamente.