O iPhone europeo non terá conectividade 3G

xoves, 19 de xullo do 2007

Vodafone confirmou que o iPhone que se venderá en Europa a finais de ano non incorporará conectividade 3G, pois a adaptación desta tecnoloxía ó novo terminal de Apple podería non ser posible ata marzo de 2008 (segundo estimacións dos analistas) polo que o operador británico agarda con ilusión a chega dun novo iPhone que inclúa 3G ou HSDPA, xa que o investimento da operadora nas tecnoloxías de transmisión de datos móbiles de terceira xeración é moi elevado, e o iPhone podería supor un paso atrás.
Aínda que o iPhone inclúa Wi-Fi de serie, parece que a falta de 3G no seu desembarco europeo podería ser un atranco que levaría a unha resposta do mercado moito menos entusiasta que nos EE.UU.

PUBLICIDADE