O iPhone recibe un cliente de Telegram en galego
luns, 10 de marzo do 2014
A aplicación oficial de Telegram para dispositivos móbiles
só está dispoñible polo momento en inglés e español, levando a que xurdisen
solucións como Galegram (cliente de Telegram para Android traducido ao
galego) ou como a versión galega de
Webogram (grazas
ao traballo de Pablo Belay e aos servidores web de Chuza), e seguindo na
mesma liña estréase hoxe Teixogram, un
cliente de Telegram en galego, baseado no código fonte de Telegram 1.1
(versión non actualizada da aplicación oficial, que actualmente carece de soporte
e non está debidamente adaptada a iOS 7, aÃnda que funcione correctamente).
A aplicación está traducida ao galego un xeito bastante informal, e a interface
de usuario está pouco coidada, buscando simplemente atender á demanda de poder
gozar xa da aplicación de mensaxerÃa instantánea en galego que, de detectarse
un uso significativo da mesma, poderÃa adaptarse no futuro para amosar unha
representación gráfica acorde co sistema operativo móbil de Apple. Agardemos
que este tipo de iniciativas leven aos responsables de Telegram a acelerar a
localización internacional da súa aplicación oficial.