O iPod Nano estrea cor rosa

martes, 22 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Apple actualiza a oferta cromática do iPod Nano de 8 Gb engadindo a cor rosa ás 6 cores que había ata o momento no mercado (1 das mesmas, en exclusiva vía web), o que parece un intelixente movemento de cara ó Día de San Valentín (lembremos que Apple tamén permite adquirir os seus reprodutores nunha elegante caixa de regalo), pois a oferta de novas cores en consolas de videoxogos e reprodutores multimedia portátiles é unha práctica de eficacia probada.
O novo iPod Nano de 8 Gb ten as mesmas características dos seus irmáns e se vende a 189 euros.

PUBLICIDADE