O impacto da IA na prevención de riscos laborais a análise en Vigo
martes, 19 de novembro do 2024
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado pola xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe en Vigo na inauguración do 8º Congreso sobre prevención e seguridade industrial 4.0 titulado Humanos e intelixencia artificial: compañeiros ou competidores no traballo? AlÃ, Fernández destacou os relatorios previstos arredor do impacto da IA no eido da prevención de riscos laborais, abordando as novas concepcións de talento ou de liderado e a convivencia coas diferentes tecnoloxÃas, e poñendo de relevo a adaptación a estes novos escenarios que supón a Estratexia de seguridade e saúde no traballo de Galicia horizonte 2027.
AsÃ, a folla de ruta da Xunta consensuada cos axentes implicados senta as bases para crear contornas de traballo seguras, saudables e sustentables, avogando por situar como valores fundamentais a saúde integral das persoas traballadoras, o crecemento económico e social das empresas e organizacións e o benestar laboral. En relación á temática abordada hoxe, sinalou que a Estratexia dá resposta a un contexto laboral en permanente transformación, perseguindo facer fronte aos riscos derivados das novas formas de traballo e adaptando a xestión preventiva ao uso das novas tecnoloxÃas como a intelixencia artificial, a Internet das cousas, os robots colaborativos ou as plataformas dixitais de traballo.