O investigador José Vázquez Naya reforza o liderado do CITIC en ciberseguridade europea
martes, 29 de xullo do 2025
O Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña fortaleceu a súa presenza no ecosistema europeo de ciberseguridade ao participar na General Assembly e nos ECSO Days 2025, celebrados en Bruxelas a finais do pasado mes de xuño. Este encontro supón un dos principais foros na materia a nivel europeo, segundo confirmaron fontes do CITIC.
O investigador da área de ciberseguridade do CITIC e membro do grupo RNASA-IMEDIR, José Vázquez Naya, representou a actividade do centro coruñés nestes encontros organizados pola European Cyber Security Organisation (ECSO), unha entidade decisiva no impulso da colaboración público-privada no ámbito da protección tecnolóxica a nivel europeo.
Durante o evento, José Vázquez Naya participou activamente nos debates, estableceu contactos con representantes institucionais e empresariais do sector, e presentou as principais liñas de investigación e desenvolvemento en ciberseguridade que se están levando a cabo desde o CITIC.
A General Assembly de ECSO reuniu os seus membros para abordar cuestións estratéxicas e de gobernanza da organización. Segundo confirmou o CITIC, un dos momentos destacados foi o nomeamento de Joanna Świątkowska como nova secretaria xeral, en substitución de Luigi Rebuffi, fundador e ata entón secretario xeral. Świątkowska, con máis de 16 anos de experiencia no sector, exercera previamente como secretaria xeral adxunta, e asume agora o liderado da organización cunha visión renovada e intersectorial.
Durante os ECSO Days 2025 congregouse unha ampla representación de expertos en ciberseguridade de máis de 27 paÃses europeos, incluÃndo Estados membro da Unión Europea e paÃses da Asociación Europea de Libre Comercio (EFTA). Nas distintas sesións debatéronse cuestións fundamentais para o futuro da tecnoloxÃa confiable en Europa, como o desenvolvemento de tecnoloxÃas de última xeración; a evolución da polÃtica comunitaria na materia, con especial atención á aplicación da directiva NIS2; a necesidade de fortalecer a cooperación entre os sectores público e privado para construÃr unha Europa dixital máis resiliente, o fomento da innovación e o investimento, e os retos vinculados á formación e atracción de talento especializado en ciberseguridade.
