O investigador Roberto Bande gaña o primeiro premio do blog La Riqueza de las Regiones da AECR
martes, 25 de novembro do 2014
- O investigador da USC Roberto Bande Ramudo
A Asociación Española de
Ciencia Rexional (AECR) recoñeceu o investigador do Grupo de Análise e
Modelización Económica (GAME) do IDEGA Roberto Bande Ramudo co premio
á mellor entrada no blog La Riqueza de
las Regiones neste ano 2014. O fallo fÃxose público no marco da XL
Reunión de Estudios Regionales celebrada en Zaragoza os dÃas 21 e 22 de
novembro.
La Riqueza de las Regiones
é un blog promovido pola AECR para facilitar a difusión da investigación en
Ciencia Rexional. Na súa curta traxectoria, de menos dun ano de vida,
converteuse no de maior número de visitas de todos os publicados polo grupo de
comunicación Vocento, cun amplo impacto non só en España senón tamén en América
latina.
A
entrada premiada, ¿Por qué existe un
patrón espacial Norte-Sur en el desempleo español?, publicouse
orixinalmente o 22 de outubro de 2014 e nela preséntanse as liñas xerais e
principais conclusións de diversos traballos sobre o patrón espacial do
desemprego nas Comunidades Autónomas españolas realizados por Roberto Bande en
colaboración con outros membros do grupo GAME e doutras universidades españolas
e estranxeiras.
O xurado do premio tivo en consideración a calidade e
relevancia da investigación recollida na entrada asà como o seu impacto, medido
tanto polo número de visitas e comentarios a ela asociados como pola
repercusión da entrada en diferentes medios de comunicación.