O investigador da UDC José Luis Casteleiro Roca, Premio IDOM 2021 á Mellor Tese Doutoral

mércores, 15 de decembro do 2021 S. P.

O investigador da UDC José Luis Casteleiro Roca foi galardoado co Premio IDOM 2021 á Mellor Tese Doutoral polo seu traballo titulado Modelado de sistemas complexos mediante métodos de agrupamento e hibridación de técnicas intelixentes. A tese foi co-dirixida polo investigador do CITIC (Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña) José Luis Calvo Rolle e o profesor da Universidad de La Laguna Juan Albino Méndez Pérez.
O premio, dotado cunha contía de 1000 euros, foi entregado o pasado 3 de decembro no marco do XVI Simposio CEA de Control Intelixente celebrado na Escola de Enxeñerías Industriais e Civís (EIIC) da Universidad de Las Palmas de Gran Canaria.
O Grupo Temático de Control Intelixente do Comité Español de Automática (CEA) convocou este galardón coa finalidade de “recoñecer e estimular a investigación desenvolvida en control intelixente realizada por estudantes de doutoramento que defendesen a súa tese nos últimos anos”.

PUBLICIDADE