O investigador do CITIC José A. Iglesias Guitián recibe unha das seis bolsas TIC da Fundación BBVA
mércores, 16 de xuño do 2021
O
investigador do CITIC da Coruña José A. Iglesias Guitián recibiu
unha
das seis bolsas Leonardo a Investigadores e Creadores Culturais,
outorgada pola Fundación BBVA, na categoría de Tecnoloxías da
Información e a Comunicación (TIC). Cunha dotación global de
máis de dous millóns de euros, as bolsas Leonardo están destinadas
a apoiar proxectos persoais de investigadores e creadores culturais
en estadios intermedios da súa carreira, que se caractericen por
“unha significativa produción científica, tecnolóxica ou
cultural”. Nesta convocatoria concedéronse 58 bolsas, entre as
1.274 solicitudes presentadas.
José
A. Iglesias Guitián, como dixemos, é un dos seis bolseiros na
sección de Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
Recibirá unha axuda de 40.000 euros para a posta en marcha do
proxecto Simulación do transporte de luz para a reconstrución e
manipulación interactiva de imaxes volumétricas a través de
dispositivos de realidade virtual. Neste proxecto expón
investigar e desenvolver novas técnicas para a reconstrución e
visualización do transporte de luz en volumes tridimensionais
(Tomografías Computarizadas ou Resonancias Magnéticas) e novos
paradigmas para a súa visualización interactiva a través de
dispositivos de realidade virtual.
José
A. Iglesias Guitián é investigador en ciencias da computación,
especializado en computación visual e computación gráfica. Foi
receptor de tres axudas europeas Marie Curie e actualmente é
investigador do CITIC e da Universidade da Coruña grazas ao programa
Ramón y Cajal e ao programa InTalent da UDC-Inditex.