O lanzamento de GTA IV beneficia á Xbox 360

luns, 12 de maio do 2008

Aínda que moitos pensaban que o GTA IV ía ser o título que dese o pulo definitivo á PlayStation 3 de Sony, o certo é que Microsoft é o fabricante de consolas que máis está a rendibilizar o último xogo de Rockstar, pois dos 6 primeiros millóns de copias que se venderon o 60% corresponden á Xbox 360, e incluso apuntan que as vendas da consola se incrementaron un 54% dende o lanzamento do xogo.
En Xbox Live o GTA IV tamén está a causar sensación, con 2,3 millóns de xogadores en liña durante a primeira semana.

PUBLICIDADE